
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), nacido xa en 1993 coa vocación de seren o principal centro de arte contemporánea da Galiza, busca ofrecer, tanto na súa colección permanente coma nas exposicións temporais, un diálogo entre a arte nacional (Leopoldo Novoa, Laxeiro…) e internacional (Giovanni Anselmo, Dan Graham…). Coma a maior parte dos equipamentos culturais que aquí comentamos, a oferta do CGAC é multidisciplinar; a maiores das exposicións, neste espazo organízanse conferencias e concertos, concédense bolsas de formación en crítica e arte contemporáneas, etc. Ao mesmo tempo, ilustra dun xeito claro un fenómeno moi presente na Compostela actual, como é a dicotomía entre o antigo e o novo na cidade, tanto mais se pensamos que o CGAC atópase ao carón do Museo do Pobo Galego, sito en Bonaval.
Mais aló do circuíto corrente de tipo expositivo, o Servizo de Actividades e Proxectos Educativos do CGAC tenta promover (e desenrolar) unha serie de programas de achegamento á arte contemporánea pra diferentes colectivos sociais. Neste senso, organízanse visitas guiadas, tanto pra adultos como pra nenos, aos que tamén se lles ofrecen talleres; celébranse tamén seminarios, cursos, ciclos de cine, de música contemporánea, etc. Pola súa banda, o centro tamén conta cun Departamento de Publicacións, que edita material bibliográfico co galo das exposicións e proxectos desenvoltos no CGAC, afondando na colección permanente e preocupándose tamén polas problemáticas do arte actual que vesen reflectidas no propio centro.
Estas publicacións pódense atopar tamén na biblioteca do CGAC, situada na primeira planta e que conta cunha colección especializada en arte e cultura contemporánea; estas salas están a disposición de investigadores, estudantes e público en xeral, e serven á súa vez de apoio ás actividades desenvoltas no CGAC.
INFORMACIÓN
Horario
Inverno: 11-20h.
Verán: 12-21h.
Luns pechado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario